Imos a traballar na realización dun personaxe inventado por nos. Partiremos de obxectos recollidos do lixo que nos servirán para a nosa creación en tres dimensións. Logo, construiremos un escenario para situar os nosos personaxes para finalmente fotografalos.
Para facer un guión, temos unha guía para descargar, preme aquí.
Para facer un guión, temos unha guía para descargar, preme aquí.
Primeira tarefa:
Deseña o teu personaxe pensando en que tes que partir de cousas do lixo.
Segunda tarefa:
Constrúe o personaxe cos materiais que recolleches do lixo.
Terceira tarefa:
Debuxa un cómic ou historieta, no que o teu personaxe sexa o protagonista.
Segue os seguintes pasos:
- Fai un guión sinxelo para deseñar a túa historieta con esbozos e textos.
- Elixe o número de páxinas e debuxa nelas, a lapis, as escenas e os textos.
- Colorea e repasa os contornos con rotulador.
Cuarta tarefa:
En grupo, constrúe con materiais do lixo, un escenario para os personaxes.
Quinta tarefa:
Sitúa o teu personaxe con outros e recrea unha historia fotografando secuencialmente as escenas e montando as fotos nun cómic tipo fotonovela. Descarga de Cómic Life.
Con filtros:
Actividade interactiva sobre o Cómic.
Para agrandar a imaxe preme no icono situado na esquina superior dereita.
Estes son os resultados da nosa actividade
Lendo historietas
No hay comentarios:
Publicar un comentario