O Guión

Feito o noso personaxe o obradoiro con material do refugallo, imos planear o noso cómic.

Pero antes, imos informarnos un pouco de que é un guión.
Segue esta actividade interactiva:



Instruccións para a realización da tarefa:

Imos facer un cómic ó estilo fotonovela con fotos ou debuxos a man.
Pero antes, temos que planificar o noso traballo, polo que temos que realizar un guión.

Tarefa:

  • Primeiro e fundamental, pensamos unha historia sinxela para o noso personaxe que acabamos de facer no obradoiro.

Lembra que temos que incluír na nosa historia do cómic, pólo menos, outro personaxe creado por un compañeiro ou compañeira.

Exemplo: Bob, foi ó parque e atopouse con un amigo chamado, Bub e foron a botarlle de comer os patos. Sen querer, Bob caeu a auga e púxose coma un pito. Bub, escachouse de risa.

Proceso do noso guión:

  • Na planilla que se adxunta, temos que planear o noso guión da historia que pensamos.

  • No primeiro recadro da esquerda, debuxamos dun xeito sinxelo e rápido, os elementos (personaxes, obxectos, edificios, paisaxe, eta.) que conteña a viñeta.

  • No segundo recadro do medio, facemos unha descrición rápida do que acontece ou debería acontecer na viñeta.

  • No terceiro e último recadro, escribimos o texto ou textos que aparecen na nosa viñeta e que están metidos nos bocadillos, cartelas ou noutros sitios.

  • Así hasta completar o número de viñetas que nos consideremos necesarias para describir a nosa historia nun cómic.

  • Podemos facer unha ou dúas páxinas. Cada páxina pode constar do número de viñetas que nos queiramos.
  
Ligazón para descargar plantilla do guión e instrucións.