miércoles, 29 de diciembre de 2010

OBRADOIRO DE HISTORIETAS

Imos a traballar na realización dun personaxe inventado por nos. Partiremos de obxectos recollidos do lixo que nos servirán para a nosa creación en tres dimensións. Logo, construiremos un escenario para situar os nosos personaxes para finalmente fotografalos.
Para facer un guión, temos unha guía para descargar, preme aquí.

Primeira tarefa:
Deseña o teu personaxe pensando en que tes que partir de cousas do lixo.

Segunda tarefa:
Constrúe o personaxe cos materiais que recolleches do lixo.

Terceira tarefa:
Debuxa un cómic ou historieta, no que o teu personaxe sexa o protagonista.
Segue os seguintes pasos:
  • Fai un guión sinxelo para deseñar a túa historieta con esbozos e textos.
  • Elixe o número de páxinas e debuxa nelas, a lapis, as escenas e os textos.
  • Colorea e repasa os contornos con rotulador. 
Cuarta tarefa:
En grupo, constrúe con materiais do lixo, un escenario para os personaxes.

Quinta tarefa:
Sitúa o teu personaxe con outros e recrea unha historia fotografando secuencialmente as escenas e montando as fotos nun cómic tipo fotonovela. Descarga de Cómic Life.

Exemplos:
 

Con filtros:
Actividade interactiva sobre o Cómic.


Para agrandar a imaxe preme no icono situado na esquina superior dereita.

Estes son os resultados da nosa actividade







Lendo historietas