Imos a traballar na realización dun personaxe inventado por nos. Partiremos de obxectos recollidos do lixo que nos servirán para a nosa creación en tres dimensións. Logo, construiremos un escenario para situar os nosos personaxes para finalmente fotografalos.
Para facer un guión, temos unha guía para descargar, preme aquí.
Primeira tarefa:
Deseña o teu personaxe pensando en que tes que partir de cousas do lixo.
Segunda tarefa:
Constrúe o personaxe cos materiais que recolleches do lixo.
Terceira tarefa:
Debuxa un cómic ou historieta, no que o teu personaxe sexa o protagonista.
Segue os seguintes pasos:
Fai un guión sinxelo para deseñar a túa historieta con esbozos e textos.
Elixe o número de páxinas e debuxa nelas, a lapis, as escenas e os textos.
Colorea e repasa os contornos con rotulador.
Cuarta tarefa:
En grupo, constrúe con materiais do lixo, un escenario para os personaxes.
Quinta tarefa:
Sitúa o teu personaxe con outros e recrea unha historia fotografando secuencialmente as escenas e montando as fotos nun cómic tipo fotonovela. Descarga de Cómic Life.
Exemplos:
Con filtros:
Actividade interactiva sobre o Cómic.
Para agrandar a imaxe preme no icono situado na esquina superior dereita.